R. Ruibal, Euloxio

A fantástica viaxe de Sabela / Euloxio R. Ruibal - 1ª ed. - Vigo : Edición Xerais de Galicia , 1992 - 49 p. : il. cor - Merlín .

Sabela é unha nena que gusta de contempla-la lúa polas noites, dende a fiestra do seu cuarto. Un día descobre que a lúa xa non brilla coma antes; a nena pensa que está sucia e decide emprender unha viaxe para limpala.Montada nun enorme globo vermello, chega ata a superficie lunar. Nada máis chegar, bate cun estraño personaxe, que resulta ser un vagalume moi falangueiro. É o primeiro dunha serie de encontros con personaxes inimaxinables: unha moeda de ouro, unha voz sen corpo, unha familia de cráteres e, finalmente, un coello con cabeza humana. Con todos eles mantén conversas moi orixinais e cheas de humor, case sempre baseadas en xogos coa linguaxe.Finalmente, descobre que a culpa de que vexa a lúa embazada tena unha nube que está situada mesmo enriba da súa casa, na terra. Ó remate, a nube acabará desfacéndose en chuvia e Sabela poderá volver a contemplar como a lúa brilla na escuridade do ceo.

3º-4º Primaria

9788475076928


fantasía
viaxe

82-N

Coa tecnoloxía Koha